Vª Andaina polos montes de Vigo

Nome da proba:Vª Andaina polos montes de Vigo
Organiza:Concello de Vigo - Mancomunidade Montes de Vigo
Modalidade:Andaina
Data:13-05-2018
Distancia do percorrido:2 - 7,3 - 22,4 - 31,7 - 39,0
Información:A Vª Andaina polos montes de Vigo consiste nun encontro co entorno periurbano de Vigo. Tamén busca pór en valor dun patrimonio natural e paisaxístico excepcional co que conta o municipio e que en outubro de 2017 sufriu unha agresión brutal provocando que un terzo dos montes fosen arrasados polo lume.
Precisamente nesta edición quérese lembrar as consecuencias de aquel fatal acontecemento e implicar á cidadanía no proceso de reforestación que Montes de Vigo ten iniciado en colaboración co Concello de Vigo. Por tal motivo está previsto facer un xesto simbólico por parte dos 1.500 participantes que se agarda que asistan.
En total o percorrido son 39 quilómetros e conta cunha rica combinación de espazos naturais singulares, de patrimonio e de vistas panorámicas do concello de Vigo e bisbarra. O traxecto divídese en tres tramos e cada participante poderá escoller percorrido entre catro combinacións posibles. Ademáis, tamén está prevista unha Pequerruta para as familias no entorno do Parque Forestal de Monte dos Pozos e unha Ruta adaptada para persoas con mobilidade reducida.
Inscripción:Aqueles/as interesados en participar na Vª andaina polos montes de Vigo pódense inscribir ata o 11 de maio ao mediodía tanto no 010 (986 81 02 60 dende móbil) como na solapa Inscrición Andaina no blog de Camiño a Camiño (caminoacaminovigo.blogspot.com)
A inscrición leva asociado a aceptación do regulamento da andaina (ver abaixo) e asumir o custe do desprazamento en autobús urbano dende a Praza do Rei ata o lugar de saída e a correspondente volta, podéndose empregar a tarxeta Pass-Vigo.
O mesmo día da andaina na  Praza do Rei terá lugar o proceso de control de asistencia e entregarase a camiseta conmemorativa da Vª Andaina polos montes de Vigo, e proporcionarase un kit con material de avituallamento e promocional cortesía de Eroski-Center e de Coca Cola. Tamén ao longo do percorrido, poderase completar o abastecemento con bebida e alimentos enerxéticos.
Para quen participe no Percorrido curto ou na Pequerruta, cabe a posibilidade de que se realice directamente no Parque Forestal de Monte dos Pozos tanto o proceso de control de asistencia como o de entrega do material citado. Será necesario comunicalo no momento de inscrición no 010 ou na ficha telemática. No caso da Ruta adaptada necesariamente a incorporación terá lugar no Monte dos Pozos.
Publicar un comentario