XV Andainatudense Solidaria


Nome da proba:XV Andainatudense Solidaria
Organiza:Club Andatui
Modalidade:Andaina
Data:12-05-2018
Distancia do percorrido:26 quilómetros
Información:Este ano cúmprense quince anos da nosa Andainatudense, cita anual e inescusable para coñecer os distintos camiños que nos levan a subir e disfrutar da nosa montaña máxica, o monte Aloia. Quince anos amosando os moitos sendeiros polos que se pode chegar ata o Aloia, quince anos mostrando os distintos miradoiros desde os que se poden contemplar o Baixo Miño, o Val Miñor ou a Louriña, sen esquecernos das fermosísimas vistas hacia Portugal. Quince anos nos que levamos contabilizado a máis de 5.000 participantes que nos teñen acompañado na nosa cita anual. Cita que ademais, ano tras ano, intentamos que teña un carácter solidario, este ano a acción solidaria irá encamiñada a recollida de alimentos non perecedoiros para SOS Tomiño.

Recorrer parte do Camiño Portugués, a senda do Lagartón, o camiño da Pedra Santa, a ponte das Febres, os muiños de Paredes, as pozas da Cabaciña, os muiños do río Tripes, son parte do itinerario que este ano nos levará ata o monte Aloia e devolta o centro Interfederado de Tui.
Inscripción:www.andatui.es
Publicar un comentario