CAMIÑO DE SANTIAGO: PALAS DE REI - ARZUA

Nome da proba:CAMIÑO DE SANTIAGO: PALAS DE REI - ARZUA
Organiza:CLUB DE SENDERISMO TRABANDAINAS
Modalidade:Andaina
Data:13-05-2018
Distancia do percorrido:28,8 Km
Información:INFORMACIÓN - V ETAPA CAMIÑO DE SANTIAGO : PALAS DE REI ARZUA
**O Camiño de Santiago organizado polo Club Trabandainas coa colaboración do Concello de Noia**

A Citada colaboración permite que se poida gozar desta Peregrinación dende O Cebreiro ata Noia, a prezo simbólico.

Tamén agradecemos a colaboración do grupo Feiraco, que aporta algún dos seus produtos para o avituallamento, que poderemos gozar no transcurso desta etapa.

Esta nosa 5ª Etapa vén sendo a Etapa 29 do Camiño Francés dende  Roncesvalles a Santiago (28,8 km), de dificultade moderada. Apesares de que aparenta ser una etapa bastante chan, sen grandes pendentes, e ademais de ser a etapa máis longa de Galicia, luce un perfil quebrado, dos coñecidos vulgarmente como rompepernas, que a converte nun verdadeiro reto. O itinerario traspasa os límites de Lugo para entrar en A Coruña pola aldea de O Coto; visita Leboreiro, onde admiraremos na propia praza, un Cabazo, é dicir un canastro xigantesco que se empregaba para garda-lo millo e a polbeira Melide, onde enlaza o Camiño Primitivo, e continúa por un sinfín de tobogáns e escenarios máxicos como o do río Catasol ata Ribadixo da Baixo e Arzúa, onde á súa vez conecta co Camiño do Norte.


**PRAZAS LIMITADAS**

- Hora de punto de encontro: 6:45 h
- Punto de saída: Aparcamento ao lado do Mercadona, en Noia
https://goo.gl/maps/wNSrVWiF81M2
- 2º punto de encontro: Aparcamento Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago, a 100 m da saída da autoestrada
https://goo.gl/maps/Ct9FiaZBuXt
- Hora 2º encontro: 7:30 h
- Durante o traxecto faremos unha parada para almorzar en: Churrería "O' Furancho d' Santiso" Taperia-Meson, Rúa Lugo, 9 – 15810 Arzúa. https://goo.gl/maps/X6iFhg994y32
- Hora de comezo da andaina será sobre as 10 da mañá.
- O Club aprovisionará aos participantes con auga, barriñas enerxéticas, zumes e iogures para beber doados polo grupo Feiraco.
- O autobús fará o servizo de apoio sobre a metade do camiño.
- Ao remate disporase dun tempo para comer e cada quen deberá elixir, conxuntamente coa inscrición, se desexa participar do menú contratado polo grupo en:  Churrería "O' Furancho d' Santiso" Taperia-Meson, Rúa Lugo, 9 – 15810 Arzúahttps://goo.gl/maps/X6iFhg994y32, ou levar as súas provisións.

O custe deste evento consiste en 5 € de prezo básico, que inclúe o almorzo, avituallamento e a credencial de peregrino.

En caso de escoller a opción de participar do “Xantar de Confraternidade”, o custe total para esta 5ª Etapa ascendería a 17 €.

Recoméndase o uso de zapatos antideslizantes e bastóns de sendeirismo, así como roupa de abrigo e choiva.Aconséllase, ademais, levar unha muda de cambio, para o remate da ruta.
Inscripción:http://trabandainas.galitiming.com/
Publicar un comentario