Casetas mariñeiras-Camiño dos Costados


Nome da proba:Casetas mariñeiras-Camiño dos Costados
Organiza:Concello de Carnota
Modalidade:Andaina
Data:03-12-2017
Distancia do percorrido:10,35 km
Información:Ruta circular con inicio e fin nas escolas de Caldebarcos. O percorrido transcorre nun principio pola beira do mar, observando as casetas de mariñeiros e as antigas fábricas de salgadura, para logo atravesar a costa ata a praia da Insuela. Deseguido internarémonos en Panchés e ascenderemos ata Chan de Lamas, onde podemos ver e tocar o Monte Pindo. Está prevista unha pequena parada Onde se Adora para repoñer forzas e desfrutar das vistas. O retorno farase polo Camiño dos Costados ata chegar ao punto de partida.

A hora de saída desta primeira ruta será ás 10:00.

A organización pon a disposición das persoas participantes as duchas da escola de Caldebarcos.

Enlace Wikiloc: https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=20987860
Inscripción:O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 29 de novembro. As persoas inscritas recibirán un correo de confirmación.
Publicar un comentario